Site icon Crónica3.com A Mariña

Herederos del Mar pensa que os piratas nunca deberon ser traídos a España

MADRID (FNC).- A Fundación Herederos del Mar lamenta o sufrimento dos mariñeiros do Alakrana e o das súas familias. A presidenta Marisol Moreda pide solucións ao goberno e engade os piratas somalís nunca deberon ser traídos a España.

Desde a Fundación consideran que “estamos ante unha situación de crise humanitaria, as leis están feitas para ser cambiadas e moitas cambiáronse. É o momento de expornos se a lei do mar, a lei aplicada ao pirata somalí é adecuada ou non. Entendemos que se non é posible cambiar a lei entón non debe permitirse que os nosos barcos acudan a traballar a esas zonas tan perigosas”.

Marisol Moreda asegura que “non pretendemos, neste momento facer críticas. Non somos políticos, nin militares, nin diplomáticos. O noso único interese céntrase na situación dos secuestrados e das familias que sofren a incerteza dun desenlace non previsible aínda. Non podemos fretar un barco que traia de volta a aqueles mariñeiros que xa non teñen nin auga. Podemos aburar a quen corresponda a que faciliten unha saída a esta situación. Xa haberá tempo despois para que corran ríos de tinta con opinións do que se debeu facer ou non o que non se debeu nin debe facerse, haberá tempo para criticar e achegar solucións de futuro. Agora estamos ante unha situación de crise humanitaria, pois son homes os que están encerrados nese barco e outros en terra secuestrados co corazón encollido, como se lle encolle a calquera que estea nesa situación”.

A Fundación Herdeiros da Mar desexa que “entre todos os poderes implicados consigan resolver este peliagudo asunto. A piratería sempre se valeu das mesmas tácticas, sexan a presión emocional, a captura de reféns cos que negociar e todo aquilo que agora como en tempos de Barbarroja, usan os piratas para cumprir o seu fin delituoso. Unha nación debe de exercer a súa liberade e demostrar a súa forza, e tamén está obrigada a coidar dos seus cidadáns e a pór os medios necesarios para primeiro previr e segundo, solucionar os conflitos. Supomos que existen solucións tácticas para facer uso dela pondo en perigo mínimo aos secuestrados. A ninguén se lle escapa o complicado da situación. Por unha banda unha nación soberana non pode ceder á chantaxe nin a extorsión veña de onde veña, de aí a necesidade do cambio desa lei que pide o traslado do pirata a Kenia. Pensamos que eses piratas nunca deberon traerse a España”.

A Fundación mostra o seu apoio ás familias dos mariñeiros do Alakana “e pómonos á súa disposición. Quero recordar que a Fundación participou fai uns días na concentración celebrada en Baiona e que estamos dispostos a seguir colaborando con eles nesta liña, a da denuncia e a presión a quen corresponda para que regresen ás súas casas os mariñeiros retidos. Lamentamos a decisión do xuíz Garzón de haber traido a España a uns somalís que deberían de ser xulgados nos países limítrofes onde as leis recollen todas estas cuestións”, explicou Marisol Moreda.

Exit mobile version