Site icon Crónica3.com A Mariña

Explica o BNG que parar o poligono supón o risco de quedar sen el no Valadouro e en Alfoz

Nota de Prensa
Este venres 27 de novembro, celebrouse un acto aberto cos veciños do
Valadouro, organizado polo Grupo Municipal do BNG do Valadouro, no salón
de reunións da Casa do Concello. Neste acto participou a Parlamentaria do
BNG e Coordinadora da Executiva Nacional do BNG, Teresa Táboas
(exConselleira de Vivenda e Solo).
Teresa Táboas, defendeu o actual Proxecto de Parque Empresarial de
Valadouro-Alfoz (ante a alegación presentada polo Alcalde de Alfoz á
totalidade do Plan de Sectorización), no cal a 1ª fase ubicarase no Valadouro
sendo a segunda das tres en Alfoz na 2ª fase; Proxecto elaborado polo Goberno
Bipartito. O motivo de que se faiga primeiro no Valadouro, ven suscitado pola
ausencia de planeamento no Concello de Alfoz, o cal obrigaría a formular un
plan especial, que teñen por obxecto a execución de actuacións públicas para
crear solo urbanizado con destino a usos industriais, o Cal retrasaría
notablemente o proceso. Calificou de “irresponsabilidade política” intentar
paralizar o Plan de Sectorización, cando este xa foi aprobado en marzo de 2009
polo Pleno Municipal do Valadouro e logo de casi catro anos de elaboración;
onde houbo que superar distintos ostáculos, coma a aparición de túmulos ou o
estudo de impacto ambiental; “ non se poden tirar con case catro anos de
traballo”.
Dende o Grupo Municipal do BNG do Valadouro, non entendemos esta
actitude do Alcalde de Alfoz. O 20 de Outubro de 2006, Teresa Táboas
(Conselleira de Vivenda naquel momento), nunha reunión cos Alcaldes dos
dous Concellos, grupos políticos, empresarios e veciños en xeral, presenta o
Plan de Viabilidade e situación do Parque empresarial e o compromiso da
Consellería na súa construcción. Cómpre dicir que esa presentación tivo lugar
na Finca Galea, no Concello de Alfoz. Hai que dicir, que “ninguén dos
presentes opuxo resistencia algunha ao mencionado Proxecto”.
Preguntámonos: ¿ Se o Concello de Alfoz quería un parque
empresarial supramunicipal, como di o Alcalde nas alegacións,
por que non o dixo antes, e esperou a que pasaran casi catro
anos e se gastaran cartos e esforzos neste proxecto?
Dende o noso punto de vista, Plantexar agora a paralización deste proxecto
(cando está en marcha o Plan de Sectorización) logo dos esforzos realizados e
dos obstáculos superados, supoñería o risco de quedarnos como estamos, é
dicir, sen polígono tanto no Valadouro coma en Alfoz.

Exit mobile version