Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de público no Magosto celebrado no Valadouro

VALADOURO .- O pasado sábado celebrouse A XX edición do magosto popular de O Valadouro. Numerosos veciños achegáronse ata a carpa instalada para tal evento diante do antigo matadoiro municipal de Ferreira de O Valadouro. Todos os participantes puideron degustar gran cantidade de castaña asada, touciño entrefebrado, chourizo, viño e ó remate unha queimada. Todo isto amenizado coa música de Chingla e Salva.

Exit mobile version