Site icon Crónica3.com A Mariña

En Ribadeo, deputadas do PP apostaron por fomentar a igualdade real das mulleres e rexeitan as cuotas por sexo

NOTA DE PRENSA:
Participaron hoxe na Xornada “A Muller no Século XXI” organizada por Novas Xeracións de Ribadeo, con senllas conferencias sobre o papel como fundamento da familia e na sociedade

AS DEPUTADAS DO PPdeG EMMA ÁLVAREZ E MARÍA SEOANE SALIENTAN A NECESIDADE DE MEDIDAS QUE FOMENTEN A IGUALDADE REAL DAS MULLERES E REXEITAN AS CUOTAS DE XÉNERO COMO SOLUCIÓN

Santiago, 28 de novembro de 2009.- As deputadas do PPdeG Emma Álvarez Chao e María Seoane salientaron hoxe en Ribadeo a necesidade de que se articulen medidas efectivas que fomenten a igualdade real das mulleres respecto aos homes e rexeitaron que os sistema de cuotas de xénero na vida pública e económica sexa unha solución. Ambas parlamentarias participaron esta mañá na Xornada “A Muller no Século XXI” organizada por Novas Xeracións de Ribadeo, con senllas conferencias sobre o papel como fundamento da familia e na sociedade.

Emma Álvarez, que fixo un repaso ao papel da muller ao longo da Historia, cuestionou a efectividade de leis de Igualdade como as elaboradas polo Goberno de Zapatero e polo Bipartito en Galicia na anterior lexislatura, subliñando que “as persoas, homes ou mulleres, teñen que ocupar o sitio que lles corresponde na sociedade dacordo coa súa valía e formación”, polo que, apuntou, “as cuotas de xénero non son a solución a toda aproblemática que trae consigo a conciliación da vida familiar e laboral”.

A deputada lembrou que o bipartito substituíu a conciliación pola corresponsabilidade, “que é un concepto moi diferente e que non inclúe a conciliación”, termo este último, “máis amplo” e que non se limita unicamente a “regular permisos aos que se acollen mulleres”, senón que é “unha tarefa e unha transformación moito máis ampla do equilibrio que necesariamente ten que existir entre o compromiso e o tempo dedicado ás nosas responsabilidades como profesionais e como persoas con familias, con amistades, con afeccións e con tempo libre”. Trátase, en definitiva, “de dar resposta a demandas tan básicas como atopar garderías, ludotecas ou centros de día ou adaptar os horarios de traballo aos horarios escolares”.

MALTRATO DE XÉNERO

Pola súa banda, María Seoane centrouse no papel da muller nos distintos ámbitos da sociedade e defendeu que acadar a igualdade no eido laboral “non como cuota, senón como consecuencia das capacidades e méritos acadados polas mulleres de hoxe”.

A deputada fixo especial fincapé na problemática do maltrato de xénero, salientando que se está a dar un repunte da violencia de homes sobre mulleres nas idades máis temperás. “Numerosos estudios europeos e españois nos sinalan a triste realidade de que cada vez máis se constatan casos de violencia machista a rapazas de menos de vinte anos”, apuntou Seoane, quen avogou por seguir facendo esforzos “para que non se produza nin unha soa morte máis dunha muller a mans da súa parella”, para o que considerou imprescindible “implicar aos mozos na tolerancia e no respecto á muller”.

Así mesmo, referiuse á recentemente aprobada Lei do Aborto, no que cualificou como “un debate que a sociedade non esixía, un debate artificial provocado pola maquinaria do PSOE”. En relación co aspecto máis polémico desta lei, a posibilidade de que as nenas de 16 anos poidan abortar sen consentimento paterno, lamentou que Zapatero “intente confundir ás mozas vendéndolles unha suposta capacidade de decisión nun tema como o aborto”, que considerou “un trauma polo que ningunha muller quixera pasar e o que menos necesitan as que teñen que facelo é sufrilo soas”.

A deputada amosouse partidaria, igualmente, de que as administracións articulen os recursos de apoio económico e psicolóxico “para aquelas mulleres que queira ter o seu fillo e que por distintas circunstancias lles resulte difícil seguir adiante co seu embarazo”.

Exit mobile version