Site icon Crónica3.com A Mariña

Empresas galegas e estatais participarán nunha xornada na Deputación sobre o programa Innova-TE

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participará na xornada informativa que se celebrará no Pazo de San Marcos o 16 de novembro, de 11:00 a 13:00 horas, na que se explicará a 40 representantes de empresas galegas e nacionais que optarán á contratación do prego aprobado polo Institituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) para a implantación da e-administración no organismo provincial e nos 66 Concellos de Lugo.

Deste xeito, a Deputación dá un paso máis na posta en marcha desta iniciativa que supón o investimento máis amplo e importante aprobado no eido das TICs na provincia e incluso en Galicia.

A iniciativa conta con 7 millóns de euros, dos que o 70% é aportado polo Ministerio de Administracións Públicas e o 30% restante polo INLUDES. A administración electrónica permite facer dende a Internet trámites que antes se facían de forma presencial no Pazo de San Marcos ou nos Concellos, polo que este sistema de contratación permitirá aforrar cartos e tempo ós cidadáns.

Para isto, os veciños só terán que entrar na páxina da Deputación ou nas dos Concellos, e identificarse a través do DNI electrónico. A continuación, poderán descargar os formularios necesarios, adxuntar a documentación precisa, e facerllo chegar á administración correspondente mediante a rede.

Co Innova-TE, Lugo entrará de cheo na era da sociedade da información, xa que dotará ós 66 Concellos de portais de servizos, de capacidade WiFi ou de ordenadores, ademais de extender a banda ancha. Lugo sitúase a cola nesta materia xa que, por cada 100 habitantes, 13 teñen banda ancha, cando en calquera outra provincia con máis de 100.000 cidadáns, o 50% dispoñen deste servizo.

Exit mobile version