Site icon Crónica3.com A Mariña

Educación estuda sufragar os gastos da calefacción do Centro de Formación do Profesorado

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu a visita do xefe territorial de Educación que acudiu acompañado de dúas inspectoras. No encontro mantido esta mañá analizaron as posibles colaboracións a manter.

Rexedor e xefe territorial de Educación visitaron o centro de formación do profesorado. Llano explicou que “o edificio é de titularidade municipal e estivemos analizando a posible colaboración para sufragar os gastos da calefacción. Estamos colocando radiadores que funcionarán con gas ou con gasoil, antes faciámolo con electricidade, e agora estamos tentando chegar a acordos para ver si Educación, como pasa no resto dos colexios, se fai cargo deste gasto”.

O alcalde agarda que “non haberá ningún problema, probaremos durante un ano para estudar consumos e aforros e o que se establecerá será que Educación se faga cargo durante unha temporada desto e despois analizaremos de novo a situación para ver si interesa seguir así ou non. O que queremos todos é colaborar en materia de educación tanto no centro de formación do profesorado como no resto dos centros de ensino de Burela para que o beneficiario final sexa a comunidade escolar no seu conxunto”.

Exit mobile version