O diccionario da Real Academia Española define urbanismo como “o conxunto de coñecementos que se refiren ó estudio da creación, desarrollo, reforma e progreso dos poboados en orde ás necesidades da vida urbana”.
O urbanismo é moito mais que planificar o chan; de feito o diseño das cidades e vilas contribue en gran medida ó noso benestar. En calquera manual que trate do xeito mais elemental a cuestión podemos ler que “os barrios e rúas deben construirse atendendo a uns factores que melloren a calidade de vida das persoas, con rúas amplas, zonas verdes e espacios destinados ó ocio e esparcemento“.
Só é posible con políticas urbanísticas adecuadas, tanto por parte dos concellos como dos gobernos autonómicos. Sen dúbida un urbanismo ordenado, equilibrado e cuidadoso co entorno natural, sen a complicidade destructiva das institucións nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor.
A relevancia do urbanismo xa se manifestaba nas civilzacións grega e romana: Hipolato de Mileto, arquitecto e filósofo do S. V a. C. está considerado por moitos como o primeiro urbanista da historia; e o mesmo Nerón comportouse como tal cando, tralo incendio de Roma que él mesmo ordeara, fixo construir a cidade sobre un plano distinto do trazado orixinal.
As orixes do tratamento formal en España remóntanse ó I Congreso Nacional de Urbanismo, celebrado en Madrid en 1926, durante a dictadura de Primo de Rivera; os logros do Congreso non foron os esperados porque xa daquela faltou a colaboración dos concellos.
No informe emitido pola Sociedade de Urbanistas dun país americano da órbita do chamado “terceiro mundo” pode lerse. ” …..también es cuestionable que las autoridades municipales y otras regionales se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios urbanos que con justicia genera la protesta de sus ciudadanos, ello sin considerar los indicios de corrupción… La Sociedad de Urbanistas, también protesta contra el arbitrario manejo de los espacios urbanos… Por otro lado, el ambiental es un tema olvidado… reduciendo la calidad de los recursos turísticos…”
Ninguén dubida da transcendencia que o urbanismo ten para a sociedade en xeral, e que en boa lóxica debería ser preocupación principal de dirixentes políticos e sociais, mais alá da demagoxia dos discursos, a salvagarda daqueles valores primordiais para a realización das persoas: a posibilidade de dispor de vivenda digna nun entorno saudable para o corpo e tamén para a mente; para a convivencia distendida, sen os agobios da masificación, que permita o disfrute dos bens naturais que son de todos, que por eso mesmo convértense en codiciada presa para unha actividade económica que nos últimos tempos acadou niveis de auténtico escándalo.
O pasado domingo celebrouse a que debería ser unha xornada de reflexión, coa implicación da sociedade, sobre asunto tan transcendental para a vida dos pobos, e que pasou inadvertida, precisamente nunha bisbarra na que é ésta a cuestión mais convulsa, que xenera colectivamente maior conflictividade e que os presuntos abusos institucionais producen serios enfrontamentos entre as admninistracións e os cidadáns, mesmo nas instancias xudiciais.