Site icon Crónica3.com A Mariña

Considera o PP de Burela que a desorganización do concello e absoluta e que o edil de Obras “non está”

NOTA DE PRENSA

O GMPP afirma que o concello parécese ó “camarote dos hermanos Marx”.

Os populares aseguran que no mesmo dia pasouse de ter unha obra adxudicada, anular a adxudicación e adxudicar a contraria.

Consideran que a desorganización do concello e absoluta e que o edil de Obras “non está”.

O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que asegura que a desorganización política do concello é tal que podemos calificar a situación como “o camarote dos hermanos Marx”. Ademais, afirma que a Delegación Municipal de Obras do Concello de Burela, que dirixe Pascual Domenech, é un desastre en sí mesma porque o propio delegado “non está” no que tiña que estar, e por non estar nin está no hospital, que é onde ten o seu posto de traballo, nin está no concello.

Como mostra, os populares aseguran que no mesmo día pasouse de ter unha obra adxudicada, anular a adxudicación, e adxudicar a contraria.

O portavoz do GMPP afirma que o Concello de Burela, máis exactamente o alcalde, adxudicou a obra de renovación do alumeado no parque Rosalía de Castro, pertencente ó Plano Complementario do Plano de Obras e Servicios 2009, POS-2009. As obras do complementario do POS fanse sempre e cando sobren cartos do Plano Principal e quen decide que obras se fan é a Deputación. Pero dábase a circunstancia que ainda non se tiña adxudicada a obra titular do indicado  POS 2009, co que con data 21 de Setembro o alcalde dicta un decreto, o número 761, no que se anula o expediente de contratación da obra do parque e polo mesmo decreto se inicia o expediente para a contratación da obra que se tiña que contratar, que é a obra de “pavimentación e servicios na avenida da Praia de A Marosa”.

Pero o curioso é que ese mesmo día o alcalde asina outro decreto, o número 762, polo que se adxudica xa a obra titular do POS-2009, a obra da avenida da Praia de A Marosa.

En primeiro lugar, decir que esto é unha auténtica chapuza política que demostra que nin o alcalde nin o delegado de obras están onde teñen que estar: o alcalde decindo que si a todo pero poñendo de uñas os sindicatos, e o delegado  de obras que non está nin tampouco se lle espera, o que demostra que o concello é o camarote dos hermanos Marx, onde todos caben, pero todos se dan cabezadas, patadas e cobadazos.

En segundo lugar, o asunto ten unha clara lectura política e económica, porque a obra que vai facer o concello na avenida da Marosa é unha parte da obra que estaba no Plano Operativo Local da Deputación do ano 2006, que fora adxudicada polo anterior equipo de goberno da Deputación en 120.000’00€, parada por Gómez Besteiro, e que agora teremos que pagar en parte os cidadáns de Burela, e sen poder facela na súa totalidade, co que o concello está a pagar os desaguisados que fai a Deputación.

Exit mobile version