RIBADEO .- A executiva local do Partido Popular en Ribadeo iniciou o proceso para elixir o candidato á alcaldía ribadense para as eleccións municipais de 2011 nunha reunión celebrada na tarde-noite de onte, martes. Anunciouno hoxe, mércores, o presidente do PP local e portavoz municipal, José Carlos Rodríguez Andina.Na reunión da executiva local celebrada onte saíron a relucir cinco posibles candidatos dos populares á alcaldía de Ribadeo, que xa se postularon. Segundo avanzou a emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) son Azucena González (ex concelleira e xerente da Fundación Comarcal da Mariña Oriental), Begoña Sanjurjo (edil do actual grupo municipal), Jesús López Penabad (tamén concelleiro agora na corporación ribadense), José Luís López-Braña e Manuel Valín (ex edil e xerente da Fundación Comarcal da Mariña Central.Pero nas próximas semanas poderán postularse máis persoas, sexan afiliados do PP en Ribadeo ou non, para encabezar a lista dos populares, segundo explicou Rodríguez Andina, quen tamén anunciou en Onda Cero A Mariña que será a executiva local quen decida o elixido, sen consultar coa asemblea de afiliados. Posteriormente o alcaldable designado deberá ser ratificado pola dirección provincial do Partido Popular