NOTA DE PRENSA
O BNG de Ribadeo fai un chamamento para convidar a todas as persoas interesadas na defensa dunha sanidade pública de calidade para a Mariña lucense (e por extensión para todo o país) a asistir a unha reunión informativa que vai desenvolver a PLATAFORMA EN DEFENSA DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA o vindeiro venres 20 de novembro ás 20,30 no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo. É moi importante acudir para entre todos manifestarmos a nosa esixencia de que non diminúan as prestacións sanitarias no Hospital da Costa senón que, en todo caso, vaian a máis. Coa unión de todos e todas poderemos facer fronte a unha decisión inxusta que de seguro ha de afectar á calidade da prestación de servizos sanitarios na nosa comarca. Calquera colectivo ou persoas a título individual poden asistir a esta reunión informativa.