Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo convoca o III concurso de redacción “carta a un maltratador”

CERVO .- A concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Seguridade Cidadá do Concello de Cervo, que dirixe a edil do PP Pilar Armada, convoca a terceira edición do concurso de redacción “Carta a un maltratador”. A iniciativa, enmarcada no programa de actividades do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres -que cada ano conmemórase o 25 de novembro- ten por obxecto sensibilizar en materia de igualdade e oportunidades e prevención da violencia do xénero.

O obxectivo é que os participantes presenten, en formato de carta, unha mensaxe que se queira transmitir a unha persoa que sexa o suposto maltratador ou maltratadora. Dentro deste ámbito o enfoque será libre.

Poderán participar os veciños empadroados no termo municipal cervense que sexan maiores de 12 anos. Para facelo deben presentar as súas composicións en galego antes do 25 de novembro na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello de Cervo.

O fallo do xurado farase público en decembro e o premio será de 100 euros, nun vale para gastar en calquera establecemento comercial ou hostaleiro do municipio.

Exit mobile version