A delegación de Emprego de Burela, segundo asegurou a súa responsable, Sonia Fraga, recibiu “da Consellería de Traballo unha subvención que fai posible a continuidade do servizo de orientación laboral. En dito servizo hai unha licenciada que se encarga de realizar as diferentes actividades de información, orientación e busca de emprego”. O importe da subvención é de 8.395,36 euros.