Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá un seminario sobre a importancia das TIC na dinamización dos negocios

BURELA (FNC) .- A Delegación de Emprego e Formación organiza unha conferencia-seminario sobre a importancia das TIC na dinamización dos negocios. A cita será o vindeiro martes 24 de novembro de 16 a 21 horas no Centro de Formación Ocupacional de Burela.

A edil Sonia Fraga sinala que “está orientada e dirixida ás empresas da zona e nela daránse a coñecer as principais posibilidades, ferramentas e beneficios que aportan as novas tecnoloxías”.

Os interesados en participar neste seminario deben anotarse na Oficina de Emprego de Burela ata o mesmo día pola mañá. “ É importante inscribirse porque temos cabida para 20 persoas”, explica a concelleira de Emprego e Formación.

Os asistentes recibirán un diploma oficial acreditativo de asistencia e tamén un obsequio. A iniciativa está financiada polo Fondo Social Europeo. Sonia Fraga convida e anima á xente a participar nesta conferencia.

Exit mobile version