Nota de Prernsa
A ÁREA DE BENESTAR SOCIAL DA DEPUTACIÓN CONCEDE AXUDAS A CERVO POR IMPORTE DE 42.000 EUROS
Os nacionalistas de Cervo destacan o apoio da área xestionada pola nacionalista Mª Xosé Vega ao PAI de San Cibrao que recibirá 35.421 euros
Un ano mais o goberno local non solicita axuda para parques infantís a pesar do seus estado
Cervo, 4 de novembro de 2009. O BNG fai pública a resolución das axudas concedidas pola área de Benestar Social da Deputación dirixida pola nacionalista Mª Xosé Vega, aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación o 30 de outubro. De acordo con esta resolución o concello de Cervo recibirá 42.494,97 euros distribuídas en tres partidas diferenciadas, unha para o servizo de axuda a domicilio, outra para ocio infantil e outra para mantemento de centros de titularidade pública, concretamente o Punto de Atención Infantil de San Cibrao(PAI).
Un ano mais a Deputación apoia o mantemento do servizo do PAI de Cervo financiando case o 50% do gasto do servizo.
Os nacionalistas de Cervo fixeron pública a concesión dunha axuda por importe de 35.421,08 euros para o mantemento do servizo do Punto de Atención Infantil de Cervo, o portavoz municipal Xoán Antón Estúa, asegurou que “este apoio demostra o grao de compromiso das áreas dirixidas polo BNG na Deputación á realización de políticas enfocadas á conciliación da vida familiar e laboral”. Estúa lembrou que xa o ano pasado a axuda da Deputación obrigou ao concello a retirar a taxa que gravaba o servizo do PAI, “unha taxa inxustificada atendendo á calidade servizo que presta o concello no PAI”, moi inferior ás aspiracións dos veciños e veciñas do concello”. O portavoz nacionalista lembrou que o BNG ven demandando dende fai tempo a transformación deste servizo a unha escola infantil, con tódalas prestacións que lle corresponden, e que “só a negativa do goberno municipal a entrar no Consorcio de Igualdade e Benestar impediu levar adiante esta iniciativa”, os nacionalistas cervenses agardan que o cambio de goberno na xunta permita ao PP de Cervo a adquisición deste compromiso.
4.310,29 euros para o servizo de axuda a domicilio e 2.763,60 para ocio infantil e 0 euros para parques infantís ao non solicitar a axuda.
Por outra banda o Servizo de Axuda a Domicilio recibirá unha axuda de 4.300 euros e outra de 2.700 euros para ocio infantil. O BNG lamentou que un ano mais, o goberno municipal non solicitara ningunha axuda para mellora de parques infantís a pesar do estado lamentábel de moitos deles que incumpren de xeito grave a normativa vixente para estas instalacións. Xoán Estúa, recriminou a actitude do alcalde “que despois ten a cara dura de queixarse de falta de axuda cando non a pide”