O vindeiro sábado, 7 de novembro, a Compañía de teatro Axóuxeres de Foz, ofrecerá a peza: “O velorio de Xan Perolo”, que dará comezo ás 8 da tarde nas instalacións do Mercado Gandeiro. Dentro do ciclo teatral “Buxiganga” (circuitos teatrais 2009); que nos chega a través da Deputación de Lugo (Vicepresidencia Primeira-Área de Cultura), coa colaboración do Concello de Lourenzá.