Site icon Crónica3.com A Mariña

Pechados os grupos de aerobic, pilates e ximnasia de mantemento das escolas deportivas de San Ciprián

CERVO .- As escolas deportivas para adultos pechan os grupos de aerobic, pilates e ximnasia de mantemento de San Ciprián , polo que as persoas que estean interesadas en asistir a estes cursos terán que permanecer en lista de espera ata que haxa unha praza vacante, ou ben se acade o número necesario de interesados para organizar un novo grupo.

Nota de Prensa

AS ESCOLAS DEPORTIVAS PARA ADULTOS PECHAN OS GRUPOS DE AEROBIC, PILATES E XIMNASIA DE MANTEMENTO DE SAN CIPRIÁN

Cervo, 23 de novembro de 2009.- A concelleira de Deportes do Concello de  Cervo ven de informar que os grupos de adultos das especialidades de aeróbic, ximnasia de mantemento e Pilates das Escolas Deportivas Municipais que se celebran na localidade de San Ciprián acadaron o número máximo de alumnos, polo que as persoas que estean interesadas en asistir a estes cursos terán que permanecer en lista de espera ata que haxa unha praza vacante, ou ben se acade o número necesario de interesados para organizar un novo grupo.

Dende a concellería de Deportes de Cervo valoran moi positivamente a resposta dos veciños nestas actividades das Escolas Deportivas Municipals, “as cales están acadando un grande éxito e cada tempada son máis as persoas que se animan a practicar deporte” salientou o responsable municipal desta área, Rubén Fernández Rouco.

O concelleiro de Deportes cervense indicou tamén que o curso de Ximnasia de Mantemento para maiores que se está a impartir na localidade de Cervo aínda ten prazas vacantes, polo que se hai algún interesado en asistir “aínda está a tempo de facelo” lembrou.

Exit mobile version