LUGO.- Alumnos da escola de imaxe e son de Lugo actores e actrices para os proxectos finais que levarán a cabo ó longo do curso académico 2009-2010. Os proxectos que se leven a cabo serán presentados nos mellores festivais do audiovisual galego e promocionaranse a través da Internet. A primeira proba comezará mañá e, a segunda, continuará o mércores.
NOTA DE PRENSA
ALUMNOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON DE LUGO BUSCAN ACTORES PARA VARIOS PRODUCTOS AUDIOVISUAIS
– Os proxectos que se leven a cabo serán presentados nos mellores festivais do audiovisual galego e promocionaranse a través da Internet.
– A primeira proba comezará mañá e, a segunda, continuará o mércores na Escola da Fundación TIC.
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son, da Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Lugo, comezarán mañá martes coa selección de actores e actrices para os proxectos finais que levarán a cabo ó longo do curso académico 2009-2010.
A calidade final dos proxectos será clave non só para que os estudantes acaden a titulación en Imaxe e Son, senón para ter cabida nos festivais galegos con maior repercusión no sector. Estos certames son o mellor escaparate para dar a coñecer a novos directores e actores ante os productores máis poderosos do mundo audiovisual galego.
Ademais, os productos audiovisuais serán distribuídos e difundidos a través da Internet. A pretensión é acadar unha forte presenza nas plataformas de vídeo con maior éxito na rede.
Mañá, día 3 de novembro, comezará a primeira selección de actores, entre as 16:30 e as 20:00 horas. Neste caso, precísanse homes de idades comprendidas entre os 24 e os 30 anos e mulleres de 25 a 35 anos.
A segunda fase levarase a cabo o mércores, día 4 de novembro, na mesma franxa horaria. Para formar parte do reparto elexiranse homes e mulleres a partir dos 18 anos de idade.
As probas de selección terán lugar na Escola de Imaxe e Son de Lugo, sita na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n (a carón do Hospital Provincial de San José).