ALFOZ .- Alfoz e Valadouro contará cun polígono ubicado en ambos concellos; segundo explica o alcalde de Alfoz, Emilio Lousas “se non fora por unha decisión do actual Goberno, co BNG e PSOE, o novo polígono estaría fora do noso concello”. O anterior proxecto de construción deste parque “só estaría dentro do termo municipal de Valadouro”
NOTA DE PRENSA
O novo Goberno rectificou a decisión pola que o anterior Executivo bipartito modificaba o proxecto de construción deste parque de tal xeito que tan só estaría dentro do termo municipal de Valadouro
A XUNTA ACHEGA 4 MILLÓNS DE EUROS PARA O POLÍGONO DE ALFOZ- O VALADOURO DESPOIS DE QUE O BIPARTITO QUIXERA PRIVAR DESTA INFRAESTRUTURA A ESTE PRIMEIRO CONCELLO
* O Alcalde Emilio Lousas subliña que se non fora por unha decisión do actual Goberno, co BNG e PSOE, o novo polígono estaría fora do noso concello.
* Xestur Lugo está a elaborar os traballos técnicos previos aos inicios das obras desenvolvemento o necesario plan especial e a adecuación da normativa urbanística
Alfoz, 25 de novembro de 2009.- Os orzamentos da Xunta de Galicia contemplan unha partida específica pola que nos dous próximos anos achegaranse preto de catro millóns de euros para a posta en marcha do polígono de Alfoz e O Valadouro. Así o explicou o Alcalde deste primeiro concello, o popular Emilio Lousas, quen tamén felicitouse por que o novo Goberno de Galicia rectificase a “inaceptable e inxusta” decisión adoptada polo anterior Executivo bipartito que tan só pretendía situar esta nova infraestrutura no termo municipal do Valadouro.
OBRA VITAL PARA OS DOUS CONCELLOS
A construcción do parque empresarial é, segundo explicou o Alcalde, a obra máis importante para o crecemento económico destes dous concellos e non só favorecerá dun xeito directo a creación de riqueza en ambos municipios senón que ademais favorecerá a implantación de empresas foráneas e á xeración de novos postos de traballo.
CONSIGNACIÓN ORZAMENTARIA PARA XESTUR LUGO
Segundo as consignacións incluídas nas contas que deseñou o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, a empresa pública Xestur Lugo disporá dun total de 3.951.471,75 euros nos dous próximos anos para levar adiante este proxectos, aos que hai que engadir 700.250 máis para a compra de solo industrial
XESTUR LUGO TRABALLA
Emilio Lousas subliña que se non fora por unha decisión do actual Goberno, cos socialistas e nacionalistas, o novo polígono estaría fora do noso concello. Ademais segundo puido saber desde Xestur Lugo se están a elaborar os traballos técnicos previos aos inicios das obras en Alfoz, fundamentalmente as modificacións administrativas oportunas, a través do deseño dun plan especial, para axeitalo á situación urbanística municipal.