RIBADEO .- Adestradores da Sociedade deportva Ribadeo realizaron un curso de Salvacorazóns DESA de 12 horas lectivas, para o uso e manexo de desfibriladores semiautomáticos. Segundo aseguran dende a S.D. Ribadeo, a iniciativa debese a preocupación da entidade “polo volume de eventos que realiza asi coma a cantidade de nenos que forma”.
Nota de Prensa
Tres adestradores da SD RIBADEO, Luis, adestrador de Porteiros, IVAN adestrador de ALEVINS, e GERMAN adestrador de INFANTIS realizaron un curso de 12 horas lectivas CURSO DE SALVACORAZÓNS DESA (PROGRAMA ACU SEMES-AHA)
En moitas ocasións, son persoas sen formación sanitaria as primeiras en ter que actuar onde acontece unha emerxencia sanitaria. Porén, todo o persoal que pola súa profesión poida ter que auxiliar a unha vítima, debería ser adestrado para o manexo de Desfibriladores Semiautomáticos, xa que resulta de vital importancia para reverter o estado de parada cardiorespiratoria. Por eso a SD RIBADEO preocupada polo volume de eventos que realiza asi coma a cantidade de nenos que forma , gestionuo a traves da sua delegacion sanitaria para que tres adestradores a traves de un convenio de formacion ca asociación Cultural EFEGA , se titulasen na utilizacion do DESA.
EFEGA (Ensino e Formación en Emerxencias de Galicia) nace no 2009 co obxectivo de dar resposta á demanda existente en educación sanitaria en todos os sectores sociais e laborais, que pola súa actividade profisional, son en ocasións os primeiros en ter que actuar onde acontece unha emerxencia sanitaria. Ademais consideramos fundamental promover a educación sanitaria e a prevención a todos os niveis, xa que unha poboación con coñecementos en primeiros auxilios reduciría considerabelmente o índice de mortalidade e o gasto sanitario da sociedade.
Con este curso, os nosos adestradores, son pioneiros na comunidade Autonoma na adquisicion das competencias recollidas no Decreto 251/2000 do 5 de outubro onde se faculta ao persoal non médico para a utilización de desfibriladores semiautomáticos (DESA) baixo a supervisión da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.