RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Cultura informa que até o 1 de decembro poderán solicitar as axudas do Concello correspondentes á subvención de actividades realizadas no ano 2009. Poderán solicitar estas axudas as entidades e asociacións que de seguido se relacionan:
* as entidades e asociacións que teñan recoñecida subvención nominativa nos orzamentos municipais,
* aquelas entidades e asociacións sen finallidade de lucro, domiciliadas en Ribadeo legalmente constituídas e inscritas no rexistro de asociacións,
* as persoas físicas ou colectivos para iniciativas temporais de interese cidadán, sen ánimo de lucro.
Desde a Concellaría de Cultura explican que “se trata de axudas económicas para a realización de actividades culturais, deportivas e de asistencia e benestar social, e, en xeral, todas aquelas actividades de interese para os veciños e veciñas do concello que supoñan unha mellora na calidade de vida e na cohesión social”.