Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta Local de Seguridade de Burela reunirase o vindeiro martes

BURELA (FNC) .- O vindeiro martes 17 de novembro reunirase en Burela a Xunta Local de Seguridade, segundo ven de anunciar o alcalde. Un encontro no que participará o subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe.

Alfredo Llano manifestou que “xa levábamos tempo esperando por este encontro e o vindeiro martes reunirase a Xunta Local de Seguridade na que abordaremos a situación da seguridade cidadá en Burela. Imos ver como nos podemos coordinar para que a xente se sinta segura no noso pobo, e sincronizarnos e estar en colaboración uns corpos de seguridade con outros para que sexa unha realidade e que realmente se note. No encontro participaran o subdelegado do Goberno, o secretario do Concello e representantes da Garda Civil e da Unidade de Tráfico, e da Policía Local”.

Exit mobile version