CERVO .- Os responsables da Consellería de Cultura do Goberno bipartito, ao cesar nas súas funcións, deixaron en situación moi comprometedora a viabilidade dunhas instalacións senlleiras no ámbito cultural galego, aseguran dende a Xunta referíndose a Casa da Administración de Sargadelos. Explican que “tiveron que axilizar os trámites do convenio e, posteriormente, aprobalo para poder facer fronte, entre outros gastos, ao pago de salarios de traballadoras e de servizos”
Nota de Prensa
O GOBERNO BIPARTITO DEIXOU SEN FIRMAR O CONVENIO QUE RIXE O MANTEMENTO ECONÓMICO DO PADROADO DE SARGADELOS
* Os representantes da Xunta actual tiveron que axilizar os trámites do convenio e, posteriormente, aprobalo para poder facer fronte, entre outros gastos, ao pago de salarios de traballadoras e de servizos
Cervo, 20 de novembro de 2009.- A Xunta de Galicia actual tivo que axilizar todo o proceso de tramitación e posterior aprobación do convenio que rixe o mantemento económico do Padroado de Sargadelos para poder facer fronte aos pagos de persoal e servizos da coñecida como Casa da Administración.
Os responsables da Consellería de Cultura, dirixida por representantes do BNG dentro do Goberno bipartito, ao cesar nas súas funcións, deixaron sen firmar este acordo, o que tiña en situación moi comprometedora a viabilidade dunhas instalacións senlleiras no ámbito cultural galego.
A resposta do Executivo autonómico actual ante esta problemática foi a de impulsar as tramitacións, que seguían unha deriva continua, posto que desde xuño de 2007 non se reunía o padroado. Así, foi posible por ao día os pagos. Ao longo do proceso de tramitación e pagos foron saldadas débedas contraídas nos últimos anos en diferentes servizos, entre eles o de telefonía. O corte producido neste servizo, cuxa empresa suministradora ten aboadas as cuotas correspondentes, responde únicamente a cuestións técnicas, que serán subsanadas, segundo a empresa, de inmediato.
Polo que respecta a un informe xurídico referente ao padroado, resulta importante de cara a adaptación da fórmula do padroado á normativa en vigor desde hai tempo que serve de marco para o funcionamento de asociacións como a vencellada a Sargadelos. Por este motivo, o coñecemento manifestado por representantes do BNG ao respecto do informe xurídico demostran a desidia que marcou a xestión dos anteriores responsables de Cultura, que desatendérono a sabendas.
Por último, a situación que presentan as instalacións da Casa da Administración de Sargadelos e do seu entorno, un ben singular e representativo do eido cultural galego, amosan que durante catro anos foi vítima, por motivos non esclarexados, da desatención.