Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta concederá unha axuda social extraordinarias de 200 euros a 50 mil pensionista

SANTIAGO .- Preto de 50.000 galegos e galegas beneficiaranse antes do próximo mes de xaneiro dunha paga extraordinaria de 200 euros grazas ao proxecto de decreto autorizado hoxe polo Consello da Xunta polo que se establecen as axudas sociais de carácter extraordinario de 200 euros, correspondentes ao ano 2009.

A paga será a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva; de persoas anciáns e enfermas incapacitadas para o traballo beneficiarias de axudas periódicas individualizadas e das persoas que presentan unha minusvalía beneficiarias do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.

O Goberno galego cumpre así o seu compromiso de que os pensionistas de Galicia cobrarán antes do mes de xaneiro esta paga extraordinaria, xa que entende que estas persoas se atopan nunha situación xeneralizada de precariedade económica, tendo en conta a contía da prestación que perciben e o seu baixo nivel de renda. Desta forma, destinará arredor de 10 millóns de euros a esta medida.

Para optar a estas axudas non é necesario que os beneficiarios presenten ningún tipo de solicitude nin facer ningún trámite adicional, xa que directamente percibirán o complemento extraordinario os que xa estean cobrando as pensións mencionadas.

Así, na actualidade máis de 48.000 galegos e galegos benefícianse das PNCS, máis de 40 das FAS e preto dun millar SGIM.

Os que perciban estas axudas deberán cumprir dous requisitos: estar en situación de alta en nómina, é dicir ser xa pensionista na data de entrada en vigor do decreto (ao día seguinte da súa publicación no DOG) que vén de autorizar hoxe a Xunta e ter a residencia habitual en Galicia. Deste xeito, o pagamento realizarase de oficio a todasas persoas beneficiarias que reúnan estes requisitos, para o que se recorrerá á información contida na base de datos da Xunta de Galicia.

O pagamento efectivo farase a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde as persoas beneficiarias teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación

Exit mobile version