O obxectivo último deste convenio e crear os incentivos necesarios para que, no marco da estratexia europea definida en Lisboa, poidan acadarse as metas de reducir a contaminación e outros efectos negativos sobre o ambiente mediante a substitución da enerxía procedente do fueloil por gas natural.
A Xunta de Galicia ten como obxectivo, dentro da súa planificación enerxética, incentivar as iniciativas necesarias que teñan a finalidade de garantir a subministración de gas natural ao maior número de centros industriais galegos. De xeito que, con este acordo, a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección de Industria, Enerxía e Minas, tamén pretende impulsar a axilización das xestións do Goberno central de cara á realización do gasoduto da Mariña, que permitirá atender a demanda tanto das industrias, como dos núcleos de poboación do contorno, que abranguen a máis de 60.000 habitantes.