Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta anuncia en vallas unha “vía de alta capacidade” entre Celeiro e San Cibrao sen data de inicio nin fin

O cartel non anuncia as datas da obra nin o tempo de execución

A MARIÑA .- Con gran despregue vertical, a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia anuncia en vallas a vía de altas prestacións, antes vía rápida e posteriormente  vía de alta capacidade, “V.A.C.da costa norte, treito Celeiro San Cibrao”. A publicidade pode verse, desde esta fin de semana, a pe de estada, entre Area e O Castelo.
Na valla non consta a data de comezo nin a data de finalización deste tramo, que tiña un período de execución previsto de 36 meses. O orzamento que se cita na valla, mais de 49 millóns de euros, non se corresponde coa contía pola que se adxudicou a obra, 32,3 millóns de euros.
Parece que non ten erros a referencia a empresa contratante, a UTE Obras y Construcciones Cortizo, S.L.- OVISA-Constructora Hispánica; a obrigada cita ao Xacobeo 2010 e a referencia ao plan Move, – Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica -, plan no que se enmarca agora esta infraestrutura que parte do ano 2000.
Este despregue informativo? da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, coincide coa xuntanza de representantes do PSOE, de A Mariña e Ortegal, en Ortigueira e coa concentración de responsables do BNG, na ponte de O Barqueiro. Todos pedindo que se voten a andar as obras da vía Ferrol San Cibrao Barreiros e que non se atrasen ao ano 2017, como propón a Xunta.
No seu momento o PP tamén considerou prioritarias estas obras que reivindicou con insistencia, incluso participando nunha manifestación que tivo como punto de concentración a Casa do Concello de O Vicedo.

Exit mobile version