Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ribeira Sacra e A Mariña continúan sendo as zonas máis visitadas polos participantes de Km0

LUGO .- A Ribeira Sacra e A Mariña continúan sendo as zonas máis visitadas polos participantes de Km0, iniciativa de Deputación da que desfrutarán, 295 veciños de Vilalba, Cervo e Meira, e escolares de Rábade e de Barreiros, durante esta semana nas 6 rutas programadas.

Nota de Prensa

A Ribeira Sacra e A Mariña continúan sendo as zonas máis visitadas polos participantes de Km0

Veciños de Vilalba, Cervo e Meira, e escolares de Rábade e de Barreiros participan esta semana no programa medioambiental

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Deputada de Economía, Regina Polín, recibiron este martes no Pazo de San Marcos, a un grupo de veciños de Abeledo (Vilalba) e a outro do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, dentro do programa de visitas institucionais Km0 que promove o organismo provincial. En total, 295 persoas participarán esta semana nas 6 rutas programadas pola iniciativa da Deputación.

O primeiro grupo, formado por 48 persoas, elexiu a ruta das “Androllas”, que inclúe unha visita á Torre e Fortaleza de Altamira e á ponte oxival sobre o río Navia, dende onde fixeron un percorrido a pé ata o clube fluvial. O itinerario tamén contou cunha visita á fábrica de embutidos. Dentro dos centros dependentes da Deputación, escolleron a Produtora audiovisual da Fundación TIC.

Os estudantes de Rábade optaron polo Centro de Interpretación Terras do Miño e polas pallozas do Cebreiro. Os 48 escolares tamén visitaron a igrexa de Santa María A Real e o albergue dos peregrinos, ademais de facer a ruta de sendeirismo que vai ata o primeiro hito francés.

O mércores, 48 integrantes da Comisión de Festas do Castelo (Cervo) e outros tantos alumnos do CEIP de San Cosme de Barreiros, redecubrirán a Ribeira Sacra. No primeiro caso, embarcarán en Chancís para percorrer en catamarán os canóns do Sil. A viaxe completarana cunha ruta de sendeirismo polos muíños de Xábrega e unha degustación na adega Noguedo. Antes de desprazarse ata o sur da provincia, visitarán o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.

O itinerario elexido polos estudantes da Mariña para ese mesmo día inclúe unha visita á oleiría de Bonxe, unha ruta de sendeirismo por Pena do Castelo e unha viaxe en catamarán por Amandi.

O xoves, as rutas escollidas polos participantes de Km0 son “catamarán por Amandi” e “Illa Coelleira”. Escolares do CEIP Covas de Viveiro, ademais da travesía fluvial, farán a ruta de sendeirismo por Pena do Castelo e percorrerán as instalacións do CENTRAD. Pola súa banda, os membros da Asociación Cultural Fumiñá de Meira visitarán o Centro de Artesanía e Deseño, o mirador de Bares e a Illa Coelleira. Tamén percorrerán a praia de Arealonga e o porto do Vicedo.

Exit mobile version