Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede informa das actividades sobre “comunidades sociais” para a segunda de quincena novembro no Vicedo

O VICEDO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración con concello do Vicedo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de novembro. O obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terá lugar é a seguinte:

* “Comunidades sociais: Tuenti, Facebook”: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de coñecer as páxinas webs 2.0 para aproveitalas no seu beneficio persoal e/ou profesional. Desenvolverase de luns a xoves, do 23 ao 26 de novembro, de 19:30 a 20:30 horas.

Asemade, está prevista a realización dos proxectos “Memoria de Muller” e “Memoria dos Oficios” para o próximo mes. Estes proxectos consistirán na realización dunha videomontaxe sobre experiencias persoais ou laborais, para persoas maiores para achegalas ás Novas Tecnoloxías e ao mesmo tempo, pretende recuperar a memoria histórica, persoal, social e/ou cultural de cada concello a través dos relatos. Calquera persoa interesada na participación nalgún destes proxectos achéguense a aula de dinamización sita no baixo da casa da cultura no Vicedo.

O prazo de inscrición para estas actividades será até o comezo de ditas actividades.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de O Vicedo, sito no baixo da casa da cultura, chamar ao teléfono 982.590.195 ou mandar un correo electrónico ao enderezo tedy.ovicedo@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Contacto:

Tedy Martínez Yáñez

Dinamizador da Sociedade da Información

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

Exit mobile version