Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede de dinamización oferta dous obradoiros para decembro en Burela

BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, oferta no mesde decembro un obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux” e outro de de “Iniciación a Internet”. As persoas interesdas en obter máis información poden dirixirse a Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Nota de Prensa

A Rede presenta o seu programa para decembro en Burela

Dous novos obradoiros tecnolóxicos conforman a oferta da RDSI para o mes

Burela, a 27 de novembro de 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que se levarán a cabo neste mes de decembro. As actividades e as datas nas que se desenvolverán son as seguintes:
o    Obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux”: preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos e funcionalidades básicas dun sistema operativo baseado en Software Libre. Desenvolverase de luns a xoves, do 1 ao 21 de decembro, de 16 a 17 horas.
o    Obradoiro de “Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de navegar e coñecer os servizos que lle ofrece Internet empregando o navegador libre Mozilla Firefox. Desenvolverase de luns a xoves, do 9 ao 23 de decembro, de 19 a 20 horas.
Asemade, durante o mes de decembro rematará a iniciativa que a Rede vén desenvolvendo desde novembro, “Memoria de Muller”. Esta iniciativa consiste en que cada muller participante cree un vídeo empregando imaxes antigas ou novas, incorporando a súa propia voz, sons ou músicas para narrar unha historia da súa vida.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Exit mobile version