Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria en Defensa da área Norte informa en Foz sobre a Xerencia Única Provincial

FOZ .- A Plataforma Sanitaria en Defensa da área Norte e da Sanidade Pública informa na Casa da Cultura de Foz, o  martes día 24  de  novembro as oito e media da tarde sobre o que pode acontecer si a Comarca da Mariña pasa a ser Xerencia Unica Provincial. O venres pasado informou no Auditorio Municipal de Ribadeo.

Nota de Prensa

A Plataforma Sanitaria en Defensa da área Norte e da Sanidade Pública, comenzou o venres pasado no Auditorio Municipal de Ribadeo o primeiro acto informativo dos  varios que teñen programados por diferentes concellos.

A este acto acudiron os veciños interesados en  saber o que pode acontecer si a Comarca da Mariña pasa a ser Xerencia Unica Provincial, por parte da executiva da Plataforma informase tamén da carta enviada pola Sra. Conselleira de Sanidade, como contestación o escrito que no seu día a Plataforma  enviou a Sra. Farjas.

Esta Plataforma  comunica que o  martes día 24  de  novembro as 20,30h na Casa da Cultura de Foz, habera outra  charla  para informar  a todas a persoas interesadas   no tema.

Exit mobile version