FOZ .- A Plataforma Sanitaria en Defensa da área Norte e da Sanidade Pública informa na Casa da Cultura de Foz, o martes día 24 de novembro as oito e media da tarde sobre o que pode acontecer si a Comarca da Mariña pasa a ser Xerencia Unica Provincial. O venres pasado informou no Auditorio Municipal de Ribadeo.
Nota de Prensa
A Plataforma Sanitaria en Defensa da área Norte e da Sanidade Pública, comenzou o venres pasado no Auditorio Municipal de Ribadeo o primeiro acto informativo dos varios que teñen programados por diferentes concellos.
A este acto acudiron os veciños interesados en saber o que pode acontecer si a Comarca da Mariña pasa a ser Xerencia Unica Provincial, por parte da executiva da Plataforma informase tamén da carta enviada pola Sra. Conselleira de Sanidade, como contestación o escrito que no seu día a Plataforma enviou a Sra. Farjas.
Esta Plataforma comunica que o martes día 24 de novembro as 20,30h na Casa da Cultura de Foz, habera outra charla para informar a todas a persoas interesadas no tema.