NOTA DE PRENSA
A parlamentaria visitou hoxe o concello no marco das actividades de contacto directo co territorio que desenvolve o Grupo Popular
A DEPUTADA EMMA ÁLVAREZ REUNIUSE CO ALCALDE DE TRABADA PARA ESTUDIAR POSIBLES INICIATIVAS EN RELACIÓN CON PROXECTOS PARA O MUNICIPIO
Santiago, 27 de novembro de 2009.- A deputada mariñana do PPdeG Emma Álvarez Chao achegouse hoxe ao concello de Trabada, onde se reuniu co alcalde, José Manuel Yánes Ginzo, para estudiar posibles iniciativas en relación con proxectos para o municipio.
Na visita, realizada no marco das actividades de contacto directo co territorio que desenvolve o Grupo Popular, a parlamentaria escoitou do alcalde as principais preocupacións do concello, principalmente en materia de infraestruturas e de medio ambiente, comprobando “in situ” varias zonas e recibindo información sobre proxectos anunciados polo anterior Goberno da Xunta, que quedaron pendentes.
Entre eles, recibiu información en relación co proxecto de construción de vivendas sociais, que deixara orzamentado o anterior Goberno autonómico do Partido Popular e que se paralizou ao longo dos catro anos de Goberno bipartito.
Álvarez Chao estudiará con detalle a información obtida na visita ao obxecto de valorar a posibilidade de presentar iniciativas parlamentarias sobre as necesidades de Trabada.