Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación presentou a XX edición da xornada “Impactos Ambientais: Os bosques galegos”

LUGO .- O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, presentou a vixésima edición do ciclo de conferencias “Impactos Ambientais: Os bosques galegos”, unha xornada que a Deputación organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias. Antonio Gato anima á participación no ciclo de conferencias que se desenvolverá no Pazo Provincial dende o 16 de novembro ao 25

Nota de Prensa

A Deputación presenta a XX edición da xornada “Impactos Ambientais: Os bosques galegos”

– O Deputado de Cooperación cos Concellos anima á participación no ciclo de conferencias que se desenvolverá no Pazo Provincial dende o 16 de novembro ao 25
-A inscrición farase no INLUDES, os asistentes recibirán un diploma acreditativo, e os estudantes ademais un crédito de libre configuración

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, presentou este mércores, a vixésima edición do ciclo de conferencias “Impactos Ambientais: Os bosques galegos”, unha xornada que a Deputación organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.

Antonio Gato salientou a participación que en toda as edicións acada esta xornada na que en 2008 contou coa asistencia de máis de 200 persoas. “Este ano será un novo éxito porque, a día de hoxe hai máis de 100 inscricións feitas. Isto é unha proba de que a Deputación fai as cousas ben xa que pon marcha iniciativas que interesan a máis e máis veciños”

O Deputado de Cooperación cos Concellos lembrou “a aposta do organismo provincial polo medio ambiente como una oportunidade económica; por unha característica única da provincia que xera novos postos de traballo; unha aposta, que se materializou co proxecto europeo Lug02”.

Neste senso, Antonio Gato lembrou que a provincia conta tres Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO que se extende ao longo de 1.000 quilómetros da provincia, é dicir o 55% do total do territorio, ademais, de outros emblemáticos paraxes como a serra do Courel. Da mesma forma, animou aos veciños a “ser partícipes dunha xornada na que coñecerán de primeira man, e da voz de grandes expertos, as oportunidades das que gozamos os lucenses grazas a riqueza patrimonial da provincia”.

Desenvolvemento do curso
As conferencias enmarcadas en “Impactos Ambientais” terán lugar no Pazo Provincial dende o 16 de novembro e ata o 25. Catedrático da Universidade de Santiago, e especialistas medioambientais, tratarán temas como a produción e os servizos dos montes, a historia dos bosques de Galicia, o patrimonio natural da Comunidade, ou os espazos protexidos. O programa de “Impactos ambientais: Os bosques galegos” pódese consultar na páxina web da Deputación de Lugo.

A inscrición pódese facer, de maneira gratuita, no Rexistro do INLUDES . Os participantes recibirán un diploma acreditativo, así mesmo, os estudantes tamén obterán unha certificación para o recoñecemento dun crédito de libre configuración curricular pola Universidade de Santiago de Compostela.

Exit mobile version