Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputación investirá 540 mil euros no acondicionamento do acceso á praia das Catedrais

RIBADEO .- O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse en Ribadeo co alcalde, Fernando Suárez Barcia,  para pechar os traballos que se acometerán na estrada Altar-Reinante-Os Castros. A deputación investirá 540 mil euros no acondicionamento do acceso á praia das Catedrais, proxecto que inclúe o acondicionamento de preto de 2 quilómetros da estrada CP0610.

Nota de Prensa

A Deputación inviste 540.000 euros en obras de mellora no acceso á praia das Catedrais

– Gómez Besteiro reunise co alcalde de Ribadeo para pechar os traballos que se acometerán na estrada Altar-Reinante-Os Castros

– O proxecto inclúe o acondicionamento de preto de 2 quilómetros da CP 0610

– O titular do organismo provincial anuncia a certificación medioambiental do areal das Catearais, a única praia non urbana da provincia que terá esta destinción

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse este venres a Ribadeo para pechar co alcalde desta localidade, Fernando Suárez Barcia (BNG), as obras de mellora que o organismo provincial acometerá na estrada Altar-Reinante-Os Castros. Gómez Besteiro subliñou que “a Deputación cumpre coa palabra dada, e inviste 540.000 euros no acondicionamento do acceso á praia das Catedrais”.

O titular do organismo provincial explicou que a CP 0610 é unha estrada moi transitada, sobre todo en época estival, xa que recorre unha zona de gran interés turístico. “Por iso, o organismo provincial acomete unhas obras necesarias que hai dous meses acordamos levar a cabo para desbloquear a zona”.

A Deputación acondicionará preto de 2 quilómetros deste vial, unhas actuacións que incrementarán a seguridade dos cidadáns que accedan as praias, xa que contemplan o ensanche do vial. Os traballos inclúen ademais, a mellora do firme, a instalación de sinais horizontais e verticais, e a colocación de ollos de gato.

Certificación das praias

Gómez Besteiro salientou que “non se trata de facer da estrada provincial unha autovía, senón de acometer actuacións concretas e concertadas coa Dirección Xeral de Costas para dar un bo servizo a Praia das praias”. Neste senso, o titular do organismo provincial anunciou a certificación medioambiental do areal das Catedrais, a única praia non urbana da provincia que contará con esta distinción.

O Presidente da Deputación salientou que os técnicos da Deputación xa fixeron as medicións para que, en tres semanas, esté rematado o proxecto final da estrada Altar-Reinante-Os Castros. Agora, o organismo provincial, xunto cos alcaldes da Mariña, estudarán a certificación medioambiental da praia, un proxecto que irá en paralelo coa mellora do acceso ás Catedrais.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, incidiu en que, deste xeito, “seguimos dando pasos en busca da mellor formula para conservar o medio medio ambiente e o patrimonio das Catearais, ao tempo que se mellora os accesos con celeridade”.

Exit mobile version