Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación impulsa o arte gráfico galego con EXPOMANGA, unha mostra pioneira deste estilo xaponés

LUGO .- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou este mércores EXPOMANGA, una mostra que organiza o Centro de Artesanía e Deseño dependente do organismo provincial, e que acolle a Capela de Santa María dende este venres, e durante a fin de semana. Méndez salientou que “a Deputación quere con esta pioneira exposición impulsar o arte gráfico galego, e o custoso traballo duns artistas pouco recoñecidos na Comunidade”.

Lara Méndez salientou que Galicia conta con importantes e recoñecidos debuxantes gráficos, e lembrou que no último Salón do Cómic de Barcelona, a mostra con máis prestixio en España, participaron 7 artistas galegos, e incluso un deles deseñou o cartel da edición do 2009.

A Vicepresidenta Segunda destacou que Lugo tamén agocha grandes debuxantes. Neste senso, destacou que un as obras dun participantes en EXPOMANGA, Sebastián González, un mozo arxentino afincado na provincia, e con raíces luguesas, tamén tiveron cabida na exposición barcelonesa ata en catros ocasións. “E antes del viñeron outros como Alberto Guitián, un lugués que comezou a súa carreira en Tótem e que agora continúa fóra da Comunidade”, indicou.

Galicia só conta co Salón do Cómic da Coruña, e as recoñecidas exposicións desta materia celébranse en Barcelona e Madrid. A responsable provincial subliñou “que EXPOMANGA é unha iniciativa pioneira que quere ser un escaparate no que se de a coñecer aos cidadáns a calidade dos nosos artistas, co obxectivo de que non teñan que marchar fóra en busca de oportunidades”.

Da mesma forma, Lara Méndez apuntou que a Deputación quere ademais, “abrir as portas a outros estilos artísticos, para que a Capela de Santa María segua a ser un referente cultural en Lugo”.

Inauguración e horarios

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurará este venres, ás 20:00 horas, esta mostra sobre o arte manga e a cultura xaponesa, que acollerá a Capela de Santa María durante a fin de semana co seguinte horario: de 11:00 horas ás 15:00 horas, e de 17:00 horas ás 21:00 horas.

“EXPOMANGA” reúne obras do artista Sebastián González Ibarra, e todo tipo de material relacionado co mundo do manga, da animación e do cómic, de Tótem, a única tenda na provincia lucense especializada no manga.

Sebastián González Ibarra exporá preto de 20 pinturas, algunhas delas propias, e outras inspiradas en recoñecidas series, películas e cómics. Pola súa banda, Manuel Veiga, propietario de Tótem, amosará cómics, “animes” (debuxos de animación), “Art books” importados dende Xapón (recopilatorio de imaxes manga), figuras de coñecidos héroes, e incluso “cosplays” (traxes de personaxes manga).

Exit mobile version