Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación acollerá un encontro empresarial no que participarán unhas 30 empresas da provincia

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participarán mañá mércores nos Almorzos de Negocios organizados pola Asociación de Empresarios de Lugo (AJE). O encontro enmárcase dentro do programa de actividades que está a levar a cabo a Asociación e que está dirixido ós mozos empresarios co fin de fomentar a cultura emprendedora en Galicia en xeral e na provincia de Lugo en particular.

Con esta xuntanza multisectorial, a AJE busca estimular o crecemento económico da provincia. Está previsto que participen representantes dunhas 30 empresas de Lugo, aínda que está aberto a empresarios doutras provincias que queiran integrarse no contorno empresarial lugués.

A través desta iniciativa innovadora foméntanse as interrelacións empresariais tanto no colectivo de empresarios asociados a AJE como de fóra da propia Asociación, xa que se pon en contacto ós participantes con outras empresas, nun curto prazo de tempo, onde se expoñen as características do seu negocio e á súa vez se escoita as exposicións do resto dos compañeiros de mesa. Esta xornada tamén permite ós empresarios ampliar os seus contactos con novos proveedores e clientes, conseguindo abrir novas vías de negocio.

Exit mobile version