Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión Focega pola Sanidade quere falar coa Conselleira para tratar sobre a situación na Mariña

FOZ .- A Comisión Focega en defensa da Sanidade Pública enviou unha carta á conselleira de Sanidade solicitándolle unha xuntanza para valorar as necesidades asistenciais e os recursos sanitarios necesarios para a Mariña. Consideran que a solución debe ter en conta máis as necesidades reais que os números de informes xustificativos.

NOTA DE PRENSA:
Estimada Señora.

En resposta a sua carta de 03 de Setembro de 2009 a Comisión Focega en defensa da Sanidade Pública quere comentarlle o seguinte:

* Nos somos os primeiros e mais interesados en ter a xuntanza a celebrar a primeiros de 2010, e na cal esperamos valorar o estudo das necesidades asistenciais e os recursos sanitarios que nestes intres están a a elaborar.

* Tamén queremos decirlle que nos consideramos este tema un compromiso político con o noso pobo. Para nos non e soamente un frio tema de números e cifras que poda resolver un técnico, por moi capaz que este sexa.

* Con todos os respetos queremos decirlle que somos dos que pensamos que as decisións tomanas os políticos, e os técnicos tratan de encaixar, axustar e dar forma a estas decisións.

* Somos dos que pensan que un técnico avalado nun informe pode xustificar que en Foz a sanidade esta perfectamente atendida.

Pero que tamén, de outro xeito, pode xustificar, avalado nun informe moi similar o anterior, que en Foz e imprescindible un servicio de urxencias 24 horas para que a sanidade funcione, e mesmo mellore o funcionamento do PAC de Burela.

* E como sexa que pensamos que as decisións tomanas os políticos, como non pode ser de outra forma, queremos que na próxima xuntanza que teñamos estea presente un político con capacidade de decisión. E decir, ou o Sr Presidente da Xunta, ou a Sra Conselleira de Sanidade.

Este, e non outro, e o motivo da carta que lle enviamos o Presidente e a Conselleira en demanda de unha xuntanza.

* Nos somos coñecedores de que as moitas obrigas e as apretadas axendas do Sr Presidente e da Sra Conselleira dificultan unha posible xuntanza. Pero tamén somos coñecedores de que un político con vontade de servizo e atención os cidadans sempre encontra un momento para atender a unhos veciños, sobre todo cando estes están dispostos a acudir a donde nos diga, cando queira e a hora que queira.

Por último decirlle que quedamos a espera da sua convocatoria de xuntanza para cando considere oportuno. Recordandolle que a nosa vontade e que nesa xuntanza estea presente o Sr Presidente da Xunta, ou ben a Sra Conselleira de Saindade.

Exit mobile version