Esta xornada atópase encadrada dentro da acción “Apoiar aos portos deportivos na obtención do distintivo “Bandeira azul”, unha acción transnacional executada dentro do proxecto europeo NEA2, (aprobado dentro da iniciativa comunitaria INTERREG IV B Espacio Atlántico), e liderada por Galicia a través do ente público Portos de Galicia, na que tamén participan portos portugueses e franceses.
A colaboración de Portos de Galicia na implantación de bandeiras azuis nas instalacións náutico deportivas abarca aspectos como os da prestación de servizos de calidade aos usuarios, mellora da ordenación e limpeza das instalacións portuarias, elaboración de programas de sensibilización ambiental e implantación dun sistema de xestión ambiental global para o ente público
Ao acto asistiron diversos relatores que falaron sobre as liñas de intervención medioambiental, criterios sobre bandeiras azuis e proceso para a súa concesión, inspección, problemas e resolucións, propostas de actividades de seguridade e medioambiente, entre outras. Pola tarde rematou a xornada cunha mesa redonda integrada por representantes de clubs náuticos con recoñecemento de bandeira azul.
Esta xornada foi dirixida a todas as instalacións náutico deportivas de Galicia que poderían optar ao recoñecemento de Bandeira Azul cara o vindeiro ano e abordará os principais temas de interese en canto aos criterios da súa concesión, e as estratéxias básicas de mellora e adaptación das instalacións mantendo criterios de respecto medioambiental no medio mariño.
As instalacións náutico deportivas son espazos donde conviven instalacións de atracada e fondeo co medio mariño, donde se levan a cabo actividades educativas e deportivas, e de donde parten e regresan gran cantidade de persoas que desexan disfrutar do medio dun modo distinto ao da rutina diaria.
Neste senso, é importante adaptar esas instalacións e, polo tanto, será preciso coñecer que medidas se adoptarán para o bo funcionamento do porto dentro das esixencias necesarias para optar á bandeira azul. Esixencias de tipo medioambiental, como é o de coñecer perfectamente o medio no que se traballa, esixencias de prevención e actuación ante un posible verquido de hidrocarburo e como actuar contra el, a saúde dos usuarios, é dicir, incidencia da climatoloxía nos usuarios, coa adopción de medidas preventivas.
Outro dos aspectos fundamentais en calquera espazo acuático é o da seguridade, neste senso a accesibilidade aos portos permite que ás veces existan persoas que non sepan nadar ou descoñezan a forza do mar. É vital forma aos usuarios das mariñas e a o propio persoal que traballa nelas sobre como prevenir accidentes e actuar en caso de que se produzan. Finalmente se informará dos diversos métodos prácticos de actuación que haberá que manter ante emerxencias que puideran xurdir e a súa organización e resolución.