BARREROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, visitou hoxe as obras de instalación do depósito de Merille. O rexedor sinalou que “dará servizo a este barrio que tiña problemas sobre todo no verán debido á diferencia de cotas do depósito de San Cosme e tiñan que nalgúns momentos utilizar bombas. Era un traballo que tiñamos pendente e vaise poñer en marcha ese depósito de inmediato, dará servizo á zona de Merille ata o cuartel da garda civil que na última planta tamén nalgún momento do verán tiña problemas de presión”
Fuente Parga asegurou que “é unha actuación que mellora a rede de auga na que se ven actuando desde hai anos, e eso ocasionou que este verán en vez de ter que bombear as 24 horas do día, como facíamos noutras ocasións, só o fixemos durante 17 horas. Mellorando a rede e controlando ben as averías ou fugas que se producían a cousa vai mellor”.
O alcalde mantén que “a primeira fase do gran proxecto de abastecemento de agua sacarémola a concurso antes de finais de ano e quizáis poidamos tela en funcionamento para o verán de 2010”.