O grupo de teatro Faro Miño de Chantada representará o vindeiro domingo 11 de outubro en Barreiros a obra Mamateta do escritor Xosé Lois García. Será a partires das 19 horas no centro social de San Cosme. Unha cita con grandes dosis de humor e destinada a adultos e a mozos a partires de 12 anos.