A Delegación de Medio Ambiente lembra que aqueles veciños que queiran proceder á queima de restrollos deben poñerse en contacto co teléfono 902 112 000. Horacio Cupeiro explica que “nese número vanlles solicitar o nome e apelidos, o DNI e tamén a zona na que se efectuará a queima tanto dos restrollos forestais como dos que non teñen que ver con este sector. Neste último caso as autorizacións concédense de xeito inmediato”.