Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos sociais de Xove convoca becas e premios extraordinarios fin de estudos

XOVE .- A concellería de Servizos Sociais de Xove abriu o prazo para a solicitude de becas e premios extraordinarios fin de estudos que remata o 30 de novembro. As persoas interesadas poden realizar a tramitación no departamento municipal de Servizos Sociais, amplían información no teléfono 982 592 001.

NOTA DE PRENSA

ABERTOS OS PRAZOS PARA BECAS E PREMIOS EXTRAORDINARIOS FIN DE ESTUDOS DO CONCELLO DE XOVE

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, acaba de anunciar o prazo para solicitar BECAS E PREMIOS EXTRAORDINARIOS FIN DE ESTUDOS, o cal vai estar aberto do 26 de outubro ata o 30 de novembro.

En canto a becas (bolsas de axuda ao estudo), temos as seguintes modalidades para as cales se vai poder solicitar:

-Estudios Universitarios.

-Ciclos Formativos de Especialidades que non existan na Comarca.

-Alumnos/as minusválidos.

-Merca de material escolar:

-Preescolar.

-Primaria e ESO.

-Bacharelato.

-Ciclos Formativos.

-Ciclos Formativos da Comarca en concepto de desprazamento.

-Axudas de comedor.

-Axudas para estudos de doutoramento.

En canto a Premios Extraordinarios Fin de Estudos, temos:

-Estudos Universitarios de 1º e 2º Grao.

-Ciclos Formativos de nivel Superior.

-Estudos de Bacharelato, para o cal contarán 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BACH.

A tramitación das Becas e Premios Extraordinarios hai que realizalo no Departamento Municipal de Servizos Sociais, en horario de oficina, luns de 8:30 a 14:30 e 16:30 a 19:30, e de martes a venres de 8:30 a 15:00 horas. Par unha maior información, chamar ao 982 59 20 01.

Exit mobile version