Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira de Sanidade rectifica a Balseiro e continúa coa intención de desmantelar a sanidade na Mariña, di o BNG

NOTA DE PENSA
Pilar Farjas rectifica a Balseiro sobre o futuro do Hospital

O BNG denuncia que o PP sigue adiante coa súa intención de desmantelar a sanidade na Mariña

A Conselleira de Sanidade xera máis dúbidas sobre futuro da sanidade na Costa.

A comparecencia na Cámara Galega da Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, lonxe de aclaran ás dúbidas e de rectificar as súas anteriores declaracións nas que afirmaba a súa intención de suprimir a área sanitaria da Costa, a pesar de dicir o contrario, o que fan é xerar máis incertidume sobre as intencións reais da Consellaría, facendo boas as sospeitas que xa tiña denunciadas o BNG. Neste sentido non deixa de ser curioso que desde a Consellaría situase o debate nun plano puramente nominal sen entrar a clarificar cales serán as funcións dos xerencias das áreas de saúde e das áreas de xestión integrada e particularmente os servizos cos que vai contar o hospital e as competencias que vai ter a dirección do mesmo. A Conselleira volveu a faltarlle ao respecto aos veciños da comarca, xogando ao equivoco, e pretendendo tratarnos de parvos. Xa que logo a dia de hoxe seguen sen contestar as preguntas que lle preocupan aos veciños da Mariña sobre as especialidades van deixar de ofertarse en Burela, sobre as razóns que obrigan aos traballadores da sanidade a ter que desprazarse por toda a provincia, sobre os motivos polos que un facultativo de Burela que terá que desprazarse ao Hospital de Lugo cando neste non haxa profesional que cubra a súa especialidade ou por exemplo cantos postos de traballo se van perder na sanidade na Comarca.

Pilar Farjas deixa en evidencia en Balseiro

A contestación da Conselleira deixa en evidencia ao interpelante, o Sr. Balseiro, que non só na súa intervención demostrou que cando se trata de optar entre a Mariña e o PP, opta polo PP, senón que deixou ás claras que as declaracións públicas que fixo o Sr. Balseiro nos pasados días non responden a outra motivación que tentar confundir a opinión pública sobre as verdadeiras intencións do PP sobre este tema e a dar respaldo a proposta da Consellaría de Sanidade de desmantelar pola vía dos feitos o Hospital da Costa. Balseiro e a folla de rota do PP quedan retratados tras o debate de hoxe no Parlamento de Galiza ate o punto de que non quedan lugar a dúbidas, o que primeiro intentaron a cara descuberta, preténdeno facer agora con nocturnidade polo medio dunha figura utilizada de xeito experimental en Ferrol, por certo con escaso éxito, e que vai ser un caixón de xastre para desmantelar esta área. Non é de recibo a intervención do Sr. Balseiro que subiu a tribuna non a buscar solucións para o problema da sanidade na costa senón a insultar e faltar ao respecto ao conxunto dos veciños da Mariña. Aquí non hai ninguén manipulado, o único que manipula e vostede señor Balseiro. Xa que logo os nacionalistas estamos convencidos que vai ser fundamental manter a presión social e institucional para obrigarlle a Consellaría de Sanidade a mudar de posición e en coherencia con isto consideramos fundamental manter a unidade do conxunto das forzas sociais e políticas da Comarca e manter a presión social para que as nosas demandas non queden en saco roto.

O BNG esixe a execución do Plano Director do Hospital.

O Bloque Nacionalista Galego esixe da Consellaría de Sanidade compromisos firmes que despexen as dúbidas e os temores dos cidadáns da Mariña. Nesta dirección demandamos a execución do Plano Director do Hospital da Costa, que a maiores da execución das obras da ampliación do mesmo e a implantación de novas especialidades garante o mantementos dos servizos actuais. O PP debe, polo tanto, recoller nos orzamentos para o vindeiro ano as dotacións Orzamentarias suficientes para proceder a execución do mesmo, no caso de que isto non aconteza estariamos diante a proba do algodón sobre cales son as auténticas intencións dos responsábeis da Xunta de Galiza en relación coa sanidade da Costa.

Exit mobile version