XOVE .- O concelleiro de Obras e primeiro tenente de alcalde José Manuel González, xunto co arquitecto técnico municipal, visitaron as obras realizadas no entorno da Igrexa de Xuances, a cal, por certo, vai acoller mañá a misa do rosario dentro das festas do Ramo 2009 que hoxe e mañá se celebran na Parroquia de Xuances.
Estas obras incluíron basicamente un acondicionamento do entorno do iglesario de Xuances, realizándose traballos de adecuación dunha zoa lateral como aparcamento, aumentando neste senso o existente. A obra consistiu nunha rebaixa dun talud duns 75 metros de longo, e a construción dun muro de contención realizado con grandes sillares de pedras, recintados co fin de crear un bonito efecto, axustándose esteticamente toda a intervención ao entorno da Igrexa.
Con esta obra ampliouse a zoa de aparcamento da Igrexa con 28 postos máis, o cal vai supor un mellor servizo a tódolos veciños/as da Parroquia.
A obra realizouse integramente con cargo ao erario municipal, e contou cun presuposto de 55.544´54 €uros. Dado que se trata dunha obra nun entorno tan especial como é o da Igrexa de Xuances, dendo o Concello se lle solicitou autorización a Patrimonio da Xunta e tamén ao Obispado de Mondoñedo-Ferrol co fin de poder realizar estas obras.