Site icon Crónica3.com A Mariña

Reducirán as taxas portuarias a partires de xaneiro

SANTIAGO.- O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, compareceu na comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia para expoñer, a petición do PSdeG, a modificación das taxas portuarias, as medidas que se están a tomar e influenza sobre os usos portuarios. Álvarez-Campana indicou que a redución das taxas será unha realidade a partires do un de xaneiro do vindeiro ano.

Nota de Prensa

A REDUCIÓN DAS TAXAS PORTUARIAS SERÁ UNHA REALIDADE A PARTIRES DO MES DE XANEIRO

·        Esta modificación das taxas beneficiará ao conxunto dos usuarios dos portos

·        Terá un efecto positivo no incremento das actividades portuarias

Santiago, 22 de outubro de 2009.- O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, anunciou hoxe que a redución das taxas terá un impacto positivo e suliñou que incrementarán as actividades portuarias que se derivan da redución das devanditas taxas. Álvarez-Campana compareceu hoxe na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia para expoñer, a petición do PSdeG, a modificación das taxas portuarias, as medidas que se están a tomar e influenza sobre os usos portuarios, entre outras cuestións.

Álvarez-Campana sinalou que no Proxecto da Lei de Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, xa se reflicten nas modificacións da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma, no seu Titulo VI, capítulo I, artigo 58, correspondente ás taxas, e que será unha realidade a partires do un de xaneiro do vindeiro ano.

Segundo o presidente de Portos de Galicia, o anunciado o pasado mes de xuño na súa comparecencia, a petición propia, xa é unha realidade despois dun intenso e permanente traballo para conseguir, nun tempo record, a modificación dunhas taxas tan complexas. Neste senso os traballos realizados corresponderon nestes meses ao formato e estrutura das taxas, pero ademais quedaron definidas as melloras sobre as taxas, intentando conseguir un alivio da carga fiscal aumentando como un “efecto muelle” as actividades portuarias.

Esta modificación das taxas afectará ao conxunto dos usuarios dos portos dentro das diferentes áreas de actividade. Se arbitrarán medidas para o sector pesqueiro, confrarías e asociacións profesionais consistentes en abaratar custos a buques atracados en porto.

Tamén contempla reducir os custos do sector mexilloeiro, os custos nas descargas de peixe e os de alugueres de departamentos e espazos adicados á actividade do sector e outras actividades. No caso do sector comercial diminuindo os custos de buques e da carga fiscal das mercadorías que pasan polos portos, estimulando a actividade de importación e exportación.

Para o tráfico de pasaxeiros, tamén diminuíndo os custos para fomentar e facilitar o uso destes servizos de maneira regular e cara o sector de recreo diminuíndo os custos dos atraques e facilitando á 7ª lista que inclúe os colectivos de xubilados, así como para as embarcacións tradicionais que se verán favorecidas, cunha bonificación dun 90 por cento nas súas tarifas favorecendo o desenvolvemento e divulgación da historia e cultura náutica deste sector.

Finalmente, o presidente de Portos sinalou que, o ente público non ten previsto diminuír os recursos pola redención das taxas, nin os servizos básicos se verán mermados para os usuarios. O obxectivo formúlase en base a que a explotación dos portos galegos se faga de xeito máis racional, optimizando a xestión do dominio público mediante a prestación de maior número de servizos a menor custo incidindo nos seguintes aspectos para conseguir unha maior eficiencia, estimulando a creatividade na realización dos procesos.

Exit mobile version