Site icon Crónica3.com A Mariña

Recorda o PP que as consignacións de anteriores orzamentos para a estrada da costa non se executaron

NOTA DE PRENSA
O malogrado goberno de Touriño e de Quintana foi incapaz de executar ningunha das partidas orzamentarias previstas para esta infraestrutura nos últimos catro anos e agora BNG e PSOE que posibilitaron e permitiron esta situación pretenden dar leccións neste tema

O PP LEMBRA A PSOE E BNG QUE DURANTE A PASADA LEXISLATURA CONSIGNARON PARTIDAS ORZAMENTARIAS EN TODOS OS EXERCICIOS POR VALOR DE 11 MILLÓNS DE EUROS E NON INVESTIRON NO TRAMO DE LUGO NIN UN SÓ EURO

· Os populares lembran que nos 100 primeiros días de Goberno a Xunta de Galicia, rexida polo PPdeG, adxudicou por valor de 32,3 millóns de euros o primeiro tramo do corredor na provincia de Lugo Celeiro e San Ciprián. A maiores no 2010 prevén achegar 4,5 millóns de euros para esta infraestrutura.

· O nacionalistas actuaron de “mamporreros de Zapatero”, aprobando nos últimos seis anos os orzamentos do Estado. O Goberno central neste ano tan só prevé investir 10.000 euros para o treito de competencia estatal desta vía, polo que o PP empraza ao BNG a que so apoie as contas estatais se contemplan o mesmo nivel de investimento que a Xunta, isto é 40 millóns de euros.

A Mariña, 24 de outubro de 2009.- O Partido Popular da Mariña lembra a BNG e PSOE que malia que durante a pasada lexislatura consignaron partidas orzamentarias en todos os exercicios por valor de 11 millóns de euros, non foron quen investir nin un só céntimo nos tramos lucenses desta vía. Por esta razón o PP non aceptan leccións neste tema das antigas forzas do malogrado Goberno bipartito pois durante os últimos catro anos posibilitaron e permitiron esta situación de evidente esquecemento e fata de compromiso.

A pesar de que as contas autonómicas que elaboraron dun xeito conxunto PSOE e BNG, veñen recollendo partidas específicas para o corredor, ningunha delas chegou a executarse na súa totalidade polo que eses investimentos perdéronse. “Dando mostra do pouco interese que para o PSOE e BNG ten nesta infraestrutura esencial para a vertebración da costa norte galega”.

Por cantidades desagregadas no 2006 o bipartito prevía investir 996.838 euros, no 2007 os orzamentos destinaban 2,5 millóns de euros para o treito lucense, no 2008 PSOE e BNG na responsabilidade de Goberno da Xunta consignaron 712.908 euros e, finalmente, no 2009 o VAC (Vía de Alta Capacidade) dispoñía dunha previsión de investimento na nosa provincia de 6,8 millóns de euros. En ningún destes anos estas cantidades chegaron a executarse.

O PP SI APOSTA POLO VAC

En contraste con esta situación o PP lembra que, tan só nos cen primeiros días do Goberno, o Executivo de Feijoo adxudicou por valor de 32,3 millóns de euros as obras do primeiro tramo lucense da Vía de Alta Capacidade, o que une as localidades de Celeiro e San Ciprián. A maiores disto, no 2010, e segundo as previsións dos orzamentos autonómicos, o investimento nesta infraestrutura superará os 4,5 millóns de euros tan só para a provincia de Lugo

BNG: MAMPORREROS DO GOBERNO DE ZAPATERO

Como especialmente grave cualifican desde o PP o feito de que o Goberno central, para o treito estatal do corredor, que unirá as localidades de Barreiros e San Ciprián, tan só consigne 10.000 euros. Unha cantidade a todas luces insuficiente e moi desproporcionada en relación aos máis de 4,5 millóns de euros que a Xunta destina ao treito da súa competencia, entre San Cibrao e o límite coa provincia da Coruña.

Malia iso o BNG “actuou unha e outra vez como mamporreros do Goberno de Zapatero” aprobando nos últimos seis anos os orzamentos do Executivo socialista e xustificando esta decisión en que Fomento achegaría máis investimentos para o corredor, algo que nunca aconteceu. “Desde o BNG falaban incluso de que apoiaban os orzamentos de Zapatero a cambio de que consignaran e executaran 500.000 euros para o corredor, pero isto nunca foi así, enganaron aos veciños, e encima pretenden dar leccións aos demais”

EMPRAZAMENTO AO BNG

Os populares van aínda máis lonxe e emprazan ao BNG a que actúe en valentía e adquira o compromiso ante todos os veciños de que tan só apoiarán os orzamentos de Zapatero neste ano, si o Executivo central é capaz de comprometer como mínimo o mesmo nivel de investimento no corredor que a Xunta ten previsto facer nos treitos da súa competencia. Isto é o BNG ten que asumir que só apoiará ao PSOE, para dar luz verde ás contas estatais, no caso de que achegue 40 millóns de euros para a vía de alta capacidade, tal e como ten previsto facer o Executivo de Feijoo. De actuar en sentido contrario, está claro que volveríamos a atoparnos con un “BNG mamporrero que unha e outra vez venda á Mariña para someterse aos ditados de Zapataro.”

Exit mobile version