Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxecto Encontros en Xove: “Remedios naturais tradicionais e caseiros”

O mércores 14 de outubro, de 16:00 a 18:30 horas, vai ter lugar unha nova actividade do Proxecto Encontros denominada “Remedios Naturais Tradicionais e Caseiros”; será na nova aula de formación do Concello.  A actividade vai consiste nun encontro entre persoas maiores (membros da Escola de Maiores do noso Concello ) e alumnos/as de 1º e 2º da ESO do IES Illa de Sarón. As persoas maiores vanlles explicar aos rapaces/as como se curaban eles antigamente, os remedios caseiros e naturais que se empregaban antes para curar doenzas. Neste encontro van participar tamén dúas farmaceuticas de Xove, Ana Boñar e Natalia Díaz, as cales, como técnicas, van clarexar cales deses remedios caseiros teñen vixencia inda hoxe.

Exit mobile version