Site icon Crónica3.com A Mariña

Prevé o PSOE que detrás da posición do PP a favor da anulación do Rivera Casas aparecerá un pequeno Gürtel

Nota de Prensa

REGO AFIRMA QUE DETRÁS DA POSICIÓN DO PP A FAVOR DA ANULACIÓN DO COLEXIO RIVERA CASAS ACABARA APARECENDO UN PEQUENO GÜRTEL DE ESPECULACION URBANÍSTICA

-O deputado socialista defendeu hoxe no Parlamento a necesidade da continuidade dos centros educativos Rivera Casas e Galdin para cubrir a demanda educativa existente e potencial de San Cibrao

-Considera un grave despilfarro de recursos públicos a decisión, por parte do Goberno de Feijoo, de eliminar unha das infraestruturas educativas mellor dotadas e ubicadas de Galicia

Santiago , 16 de outubro de 2009.  O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego reclamou hoxe na Comisión 4ª do Parlamento, mediante unha Proposición Non de Lei, a continuidade da actual oferta educativa do centro de educación infantil e primaria Rivera Casas de San Cibrao, no concello de Cervo, así como o impulso e potenciación deste centro.

O Partido Popular votou en contra desta iniciativa.

Rego dixo, na súa intervención diante da Comisión, que detrás da posición do PP a favor da anulación do colexio Rivera Casas acabara aparecendo un pequeno Gürtel de especulación urbanística.

O deputado socialista defendeu a necesidade da continuidade dos centros educativos Rivera Casas e Galdin para cubrir a demanda educativa existente e potencial de San Cibrao.

Ismael Rego considera un grave despilfarro de recursos públicos a decisión, por parte do Goberno de Feijoo, de eliminar unha das infraestruturas educativas mellor dotadas e ubicadas de Galicia como é o Colexio Rivera Casas. Nese senso lembrou que este centro educativo non soamente esta dotado coas mais avanzadas tecnoloxías e equipamentos, tanto nas aulas, como no exterior para actividades extraescolares, como por exemplo contar cun pavillón polideportivo. Ademais sinala que esta radicado no mesmo centro do casco urbano de San Cibrao. E advertiu que a bon seguro “isto último é a verdadeira razón pola que o Partido Popular, en función de intereses que acabaran descubríndose, pretende agora eliminar” espetou.

Rego amosou a súa sorpresa porque tivera que ser unha deputada de Ourense, concelleira en Xinzo de Limia , quen defendera a posición do PP en contra do mantemento deste centro, e non se atrevera a dar a cara na defensa desta gravísima irresponsabilidade, ningún dos deputados/as da provincia de Lugo.

Exit mobile version