Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron o Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega que se celebrará en Lugo

LUGO .- No salón de actos da Deputación de Lugo a presentouse a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega que terá lugar os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro en Lugo. O acto contou coa presenza de Antón Bao Abelleira, vicepresidente da Deputación de Lugo, Xoán Manuel Tubío Fernández, secretario Asociación Gaiteiros Galegos, Antón Castro, representante da  CIG Ensino e Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-pedagóxica Galega (ASPG).
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a AS-PG, e a colaboración de CIG-Ensino. Será durante os días 30, 31 de outubro e 1 de  Novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria  da  cidade de  Lugo.

Exit mobile version