Site icon Crónica3.com A Mariña

Pois falemos de presupostos

Unha primeira lectura do proxecto de presupostos para 2010 que o goberno do estado español presentou ao parlamento ofrece dous datos, non por habituais, menos lamentables:

– Os recursos destinados a cultura descenden un 11%.

– e os destinados a ciencia, un 15%; I+D+I descende un 3%.

Nin unha nin outra parcelas entraron xamais, de verdade, nos plans de desenvolvemento dos gobernos deste país, nin con Franco, Nin con Suárez, nin con Felipe, nin con Aznar ni , polo que se ve, con Zapatero.
Nunca recibiron, nin reciben, a consideración de piares fundamentais para elevar o “nivel” da educación e o desenvolvemento da sociedade.

E en tempo de crise, obviamente, as cousas non ían mellorar. Todo o contrario. Como era previsible, empeoraron.

. En cultura parece haber unha excepción: “Entendendo que a cultura constitúe un importante motor económico, os recursos destinados ao programa de fomento das industrias culturais aumenta un 9,1 por cento respecto a 2009, de acordo co citado proxecto. ”
Quixera que me explicasen un pouco mellor o de “industrias culturais”, porque os sectores implicados tampouco están moi satisfeitos.

“O Fomento do Deporte inclúese tamén no presuposto para políticas culturais”. Por que non lle cargan esta partida a Presidencia do Goberno, que é de quen depende, agora que hai moitas fotos que facerse, a política e promoción deportivas?

. E en Ciencia din que “non” resultará afectada o financiamento da investigación, os contratos e as bolsas, e que a redución se concentrará en gastos correntes do ministerio, nos organismos públicos de investigación (OPI) e en infraestruturas,”.

Non afectará á investigación pero si aos organismos públicos destinados a ela e ás infraestruturas relacionadas coa investigación…? De que dimensións son os gastos correntes do Ministerio, como para a súa redución sexa significativa no total do presuposto da súa área?

A historia repítese unha vez máis. Ciencia e cultura, neste país, sempre perdendo.
E outro apartado dos presupostos que para min e vergoñento son o seu temerario modelo enerxético: 967 millóns de euros das arcas do estado para o combustible do carbón e 50,9 para a enerxía atómica e só 67 millóns para as renovables.
Onde quedan as súas declaracións a favor dunha nova economía en loita contra o cambio climático e compatible coa sostenibilidade ambiental? Onde queda a súa aposta polas enerxías renovables e non contaminantes?¿Ónde queda o cumprimento das directrices europeas de redución e peche da industria do carbón?.

O actual Goberno  pretende dar un trato privilexiado e un proteccionismo rampante ao negocio das empresas que máis contribúen á aniquilación dos equilibrios climáticos e a biodiversidade. Con millonadas de diñeiro cidadán o Goberno e todos os partidos parlamentarios que votaron a favor do “rescate” do carbón traizoan o interese común ao apuntalar a anacrónica e sucia industria dun carbón nacional que non ten viabilidade económica, e que só pode manterse con inacabables subvencións masivas de diñeiro público do estado. Con estas xigantescas axudas inxectadas ás centrais térmicas de carbón para que continúen mercando carbón nacional a prezos artificialmente rebaixados e baratos tíranse pola borda os compromisos europeos e do goberno español na redución de emisións contaminantes á atmosfera. Perde a natureza, a saúde humana, o interese colectivo e o futuro.

No modelo enerxético do goberno cédese aos particulares intereses biocidas de “a mafia mineira” constituída pola férrea alianza de sindicatos e empresas carboníferas. Os innumerables e incontrolables danos á supervivencia, a saúde e habitabilidade humana no planeta non parecen interesar .
Ben, outro dia faltemos de outras partidas do presuposto do estado, e tamén da Xunta, cando os faga que me preocupan e moito.

Exit mobile version