Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PP “ós socialistas da Deputación que amplíen as súas miras”

Nota de Prensa

Besteiro négase a que os concellos empreguen fondos do plan estatal para prestar servizos

* O GPPP pídelle ós socialistas da Deputación que antepoñan os intereses xerais da provincia ós partidistas

Lugo, a 3 de outubro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular pídelle ós socilistas da Deputación que amplíen as súas miras e que antepoñan os intereses dos cidadáns ós intereses partidistas. A súa teima por votar sempre en contra das propostas plantexadas dende o grupo popular levan ós socilistas, en oponión do GPPP, a adoptar decisións contrarias ás que toman os seus compañeiros de partido noutras instancias.

Así, o GPPP lembra que levou ó último pleno da Deputación unha moción na que solicitaba que se instara ó Goberno de España a que adicara 3.000 millóns dos 5.000 millóns de euros do anunciado Fondo Estatal de Investimento Local para os gastos ordinarios das corporacións locais que lle permitiran o abono das débedas pendientes derivadas de gastos ordirnarios e a facer fronte á prestacións dos servicios públicos.

A proposta foi rexeitada polo equipo de goberno provincial, conformado por socialistas e nacionalistas, e un dos argumentos alegado polos primeiros para xustificar o seu rechazo foi que os concellos non podían ter débedas porque todas as súas actuación tiñan que ter a súa pertinente consignación orzamentaria. Para os populares resulta chocante que ese mesmo día a comisión executiva da Federación española de municipios e provincias aprobara por unanimidade una petición idéntica á que se establecía na moción do GPPP.

A FEMP quere que os 3.000 millóns do Fondo Estatal de Inversión Local para 2010 se adique a compensar a caída do 18,2 por cento da financiación que van a ter que soportar os concellos o vindeiro ano na vez de que se destinen á realización de novos proxectos. É dicir, demandan que o 60 por cento do fondo de inversión local sirva para compensar a caída no financiamento local.

O ideal, en opinión dos populares, é que o Presidente da Deputación, ó igual que se reúne cos alcaldes para outros asuntos, se poña en contacto con eles para explicarlles de primeira voz porque se opón a que dispoñan deses cartos do fondo estatal para a prestación de servizos.

Exit mobile version